29/7/13

Fin ós Campamentos de Paciños 2013



Cinco Turnos, 35 días, 16 monitor@s, 11 monitor@s auxiliares e 186 acampad@s foron os números dos Campamentos de Paciños 2013.

 Moitas gracias a tod@s porque cada día neste campamento sexa un día especial.

O dire

Despedida do 4º Turno de Paciños 2013



O último día chegou, recolléronse as maletas e os obradoiros. Logo disfrutamos dos últimos momentos todos xuntos vendo as fotos e repartíndo os premios do campamento. ¡Levámonos un montón de recordos e esperamos veros o próximo ano!

28/7/13

Último día de Campamento do 2013 en Paciños



Comezamos o día con moitas enerxías entre deportes, xogos e obradoiros
Pola noite puxémonos guapos e guapas para ir a disco e disfrutar da última noite en Paciños. Inevitablemente rematamos entre bágoas e sorrisos de despedidas. O bo chega a súa fin. ¡Boas noites!


27/7/13

Día de Saída á Allariz



Hoxe tocou saída a Allariz, montamos a cabalo na hípica e fomos a Radio Allariz onde xa nos estaban a esperar para saír na Radio Allariz. Logo tocou tempo de piscina e a oportunidade de coñecer a vila a través do Impossible Mission. Empeza a chegar o fin do campamento.


26/7/13

Nova visita ó Rexo e... Run !!! It is raining !!!



¡Como boa o tempo cando o pasamos tan ben! Xa chegou o ecuador do campamento. Hoxe seguimos traballando no horto, continuamos co noso programa de radio e preparando o Lipdub. E para combater a calor que mellor que cós campionatos e… ¡¡Run, It’s raining!!  
Pola noite os nosos acampados convirtíronse en auténticos artistas mostrando as súas actuacións no Clube da Comedia. Todo o esforzo durante a semana mereceu a pena


25/7/13

Ruta en Paciños Express



O día de hoxe prometía pero foi moito mellor do esperado. Pasamos a mañá e parte da tarde disfrutando con Paciños Express: moitos xogos, probas e sobre todo diversión. Rematamos na piscina cun merecido baño.

Finalizamos este gran día cantando e bailando no Far fan. Un merecido descanso para reponer enerxías. 


24/7/13

2º Día: Comezamos cas actividades rotativas



Todos os animais acompañaron a Fran de Paciños para espertarnos.Pasamos a mañá entre o coidado do horto e as grabacións para o programa de radio.

Despois de comer comezaron os campeonatos deportivos e estivemos aprendendo xogos populares, facendo obradoiros e moi inmersos nos deportes de aventura.

Pola noite tivemos que buscar os sentidos e rematamos desexando que chegue un novo día ao campamento.