27/7/14

Despedida para sempre para algúns...



Hoxe é o derradeiro día, para algúns deles o último como acampad@. Antes de irnos vimos as fotos e algún que outro vídeo desta quenda e recordando moitos momentos soltando algunha bágoa pero tamén moitas gargalladas.
Agora a Fundación volve a estar en silencio botando de menos a est@s cativ@s. Isto é Paciños 2014 señores e señoras, así que sen máis despedimos esta quenda para que vos conten todo en primeira persoa.


 

Último día de Campamento



Hoxe, tivemos as últimas rotacións de: deportes, artísticas e orientación polo Rexo. Pola tarde, podemos refrescarnos co “Run!! It´s raining” comunicándonos na linguaxe inglesa.

Para finalizar, chegou a “festa de despedida” onde bailamos,disfrutamos é tamén choramos dándonos conta que isto é o fin e que, chegou moi cedo.


26/7/14

Horto, Cociña Divertida, Obradoiro de Radio...

Aquí estamos outra vez para informarvos das actividades que realizamos no campamento. Ali Baba e os 40 ladróns viñéronnos espertar levándonos todo o que atopaban por diante. Pola mañá, tivemos actividades rotativas (radio, lipdub e cociña) e outros visitamos o Rexo. Pola tarde. realizamos deportes, artísticas, orientación e tiro con arco. 
Para finalizar o día de hoxe, chegou o “Asalto ó Castelo” onde inxeniamos das nosas para que non nos recoñeceran.


25/7/14

Paciños Express



Hoxe fomos de excursión a Allariz, foi un día cheo de sorpresas xa que nunca sabiamos o que ía suceder porque estabamos inmersos no xogo de “Paciños express”. Pola noite, tocounos actuar no “Clube da Comedia”.
Boas noites. Deica maña!



24/7/14

Biosfera Quetzal



Hoxe coa actividade da “Biosfera Quetzal” coñecimos a Reserva da Biosfera da Área de Allariz a través dunha ruta e probas. Rematamos cun refrescante baño na piscina e recuperamos forzas. Para finalizar o día, chegou o esperado “Far fan”.
Agora a descansar. Deica maña!



23/7/14

2º Día: Visita ó Rexo, actividades por grupos, Vila Mendoza...



Comezou o día, despois de almorzar, algúns visitamos ó centro de Educación Ambiental O Rexo, onde observaron as diversas especies acuáticas, collendo rás e probando o delicioso queixo de ovella. Mentres que outros fixeron varias actividades como deliciosas galletiñas.
Pola tarde, probamos puntería en tiro con arco e un xogo de orientación. Unha vez rematada a cea, tivemos que adiviñar o que realmente ocorrera en Vila Mendoza.

¡Esperamos repoñer forzas para o día de mañá!