12/8/14

Paciños 2014

Gracias a tod@s os que formastes parte de Paciños 2014, por facer estes Campamentos tan especiais !!!


Último Día

Agora sí que chega o final do campamento. O último día estivo cargado de moita ledicia polo ben que o pasamos pero tamén, caeu algunha lagrimiña por despedirnos das novas amizades.
Esperamosvos aquí o próximo ano! Gozade do resto do verán!




10/8/14

Penúltimo Día


O despertar transcurriu entre personaxes Disney. Durante a mañá, rematamos de facer o obradoiro de artísticas, os xogos deportivos, orientación, tiro con arco e o lipdub. Pola tarde, pasámolo en grande con “Run!! It’s rainning” onde os chuvasqueiros valéronnos de pouco!
Na velada, chegou o turno do tan esperado Club da Comedia que os rapaces levan preparando toda a semana. Saíron a relucir as súas dotes interpretativas con grandes actuacións.
Isto remata… ohh!! Que teñades dulces soños.

9/8/14

Día de Allariz

A xornada de hoxe foi moi completiña. Comezamos na hípica montando a cabalo e visitando o Festival Internacionais de Xardíns. Non fallou o baño na piscina, xogamos e chapoteamos.
Tras un xantar diferente de picnic no río Arnoia comezou o xogo de Misión Imposible aínda que... poderíamos chamalo Misión pasada por auga. Xa se sabe, o mal tempo boa cara de acampada!!!
Non podería faltar o Asalto ao castelo entre "salvaxes" e "camiñantes brancos".

Soñade cousas fermosas!!


8/8/14

Cuarto Día




Hoxe permitámonos o luxo de ira a almorzar en pixama coma se estivesemos na casa.  Durante a mañá tivemos actividades rotativas: radio, lip-dub e coidamos a nosa hortiña. Mentras, outros compañeiros foron á O Rexo, alí puderon probar o queixo de ovella. Moi preto do río Arnoia atopamos unha saramaganta, a xoia da Galicia profunda.

Pola tarde foi o turno de deportes, artísticas, orientación e probamos a nosa puntería en tiro con arco. Para finalizar a xornada, tocou a velada de Adrenalina.

Doces soños!!


7/8/14

Tadeo Jones



Comezamos o día axudando a Tadeo Jones a encontrar a cidade perdida, recorrendo unha das rutas de senderismo que se atopa na Reserva da Biosfera da Área de Allariz. Entre pistas, mapas e probas conseguimos a nosa misión e rematamos cun refrescante baño na piscina. Para poñer o broche final o día, chegou o esperado “Far fan”.
Agora a repoñer forzas. Ata mañá!



Erase unha vez, lipdup, deportes...



Hoxe os monitores despertamos os nenos convertendo o campamento nun auténtico manicomio. Pola mañá algúns visitamos o centro de Educación Ambiental O Rexo, onde coñeceron e observaron un montón de bioindicadores como os coleópteros no río. Mentres que outros fixeron varias actividades como preparar o lipdub ou radio.
Pola tarde fixemos actividades rotativas, onde dividímonos en varios grupos e algúns xogamos a beisbol, ultimate, badminton, balonmano e moito máis! Pola noite o campamento transformouse nun conto de fantasía con “Érase unha vez”.
Que descansedes… Deica mañá!


5/8/14

Comezo do 4º Turno



Benvidos!!! Hoxe comezou o cuarto e último turno en Paciños con moita ilusión e ganas de pasalo ben, coñecendo novos amigos e amigas. Despois da incorporación, tivemos xogos na piscina pola tarde coa “Quiniela tola” e a continuación un merecido chapuzón! Para rematar a xornada tocou “War of colours”.
Agora a durmir, recuperar forzas que mañá espéranos outro gran día!