20/7/14

Dia de Despedidas


E chegou o último día. Tocou facer maletas, recoller as habitacións e despedirse dos compañeiros e incluso amigos que se formaron neste campamento. Uns que reforzan a súa amizade porque xa se coñecían de antes e outros que se coñeceron no campamento  e se recordarán durante moito tempo. Un día difícil, sobretodo para os que non poden volver máis, que demostra os vínculos que se crean nunha semana tan intensa como a dos campamentos de Paciños.


No hay comentarios:

Publicar un comentario