20/7/14

Penúltimo día do 2º Turno

Pola mañá de novo separámonos en tres grupos: orientación, deportes e artísticas. Como cos outros grupos as actividades gustaron moito. Pola tarde tocaba facer o “Run!!! It’s raining”,pero o tempo non acompañou e por mor da chuvia ó final xogamos a “adrenalina”, xogo no que tiveron que adivinar palabras de diferentes  maneiras, por exemplo con mímica. E pola noite…festa de despedida no campa!!! Música, bailes, abrazos, fotos e alguna que outra lagrimiña foron o resumo de esta noite. E agora sí, última noite en Paciños para os rapaces de este 2º turno…OHHHHHHH!! Mañá tocan as despedidas…

No hay comentarios:

Publicar un comentario